A Santa Compaña
Como estamos no mes de outubro, mes de bruxas e morcegos, vouvos falar da lenda da Santa Compaña. De seguro que escoitastes falar algunha vez desta lenda popular. Aínda que existan diversas variantes sobre ela, esta lenda é propia de Galicia. Lenda : A historia conta a peregrinación de ánimas que adoitan aparecer preto dos cemiterios. Estes espíritos van visitar a persoas que van morrer para reclamar a súa alma. Esta persoa entón está condenada a vagar polos camiños guiando a procesión dos mortos. Defenderse dela : Para evitar que te capturara a Santa Compaña ou retrasar a súa chegada existían distintos métodos: Debuxar un círculo no chan e meterse dentro. Subir enriba do pé dun cruceiro dos camiños. Levar os brazos cruzados De Lameiro - Wikipedia gl, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=8681436 Unha anécdota da primeira vez que escoitei falar desta historia é de cando estaba en 3º de primaria. A nosa profesora de galego contóunola polo samaín. ...