Magosto
Ola de novo!, nesta ocasión vouvos falar sobre unha tradición galega como é o magosto. O magosto ademais de ser unha festa galega tamén se celebra en gran parte do norte peninsular. Toma castaña-Flickr-CC BY-NC-SA 2.0 No magosto celebrábase antigamente o final do verán e o comezo da época fría do ano. Esta festa adóitase celebrar a comezos do mes de novembro e nela ásanse castañas e bébese viño. Os veciños ou a familia reúnense para asar as castañas nun tubo grande con buratos chamado tambor e fan unha fogueira. En Galicia é moi popular esta celebración en Ourense , que coincide coa festa do San Martiño onde ademais das castañas, levan á cidade música e eventos diferentes. Aquí vos deixo un enlace do programa da feira deste ano: Festa de San Martiño Dato persoal : No zona onde eu vivo adoitaban celebrar un día de novembro á noite no campo da festa o magosto. Nun tambor grande asaban as castañas e repartían a todos os veciños que asistían un cucurucho coas castañas e un pou...