Os nubeiros
Es desas persoas que fan bos plans para saír á rúa pero ao momento de marchar pola porta comeza a chover? Parece que os galegos estamos malditos por algún Deus da auga ou a non ver o sol ata chegar ao verán. Obviamente a meteoroloxía galega ten unha explicación científica que xustifica os constantes días de choiva pero hoxe falareivos da explicación máis máxica e mitolóxica. Na época onde os celtas habitaban a actual Galicia, a economía dependía principalmente da agricultura e da gandaría. Se estos sectores eran arrebatados polas abundantes precipitacións, como adoitaba ser, os habitantes non podían saír adiante. Por este mesmo motivo crearon uns seres fantásticos a quen atribuírlles a culpa do mal tempo aos que chamaron nubeiros. Estas criaturas son uns trasnos que dirixen e gobernan as nubes e as choivas como desexan.