O entroido
Bo día letores! Estamos en febreiro, mes de moita troula no que festexamos o entroido . Esta festa celébrase en todo o país pero en Galicia dáselle unha maior importancia e na maioría de concellos galegos decláranse festivos estes días. Hoxe vouvos contar un pouco da tradición do entroido. Para comezar, a palabra entroido provén da palabra latina introitus , que fai referencia á entrada da primavera e o comezo da Coresma. Galicia é unha rexión popularmente coñecida pola súa rica, abundante e variada gastronomía e en calquera festa atópase calquera excusa para comer. É típico nestas datas preparar: Para comer: chourizo, lacón...(en síntese un bo cocido) De postre: filloas e orellas son a sobremesas máis comúns. As filloas pódense comer tanto doces (recheas de marmelada, nocilla, azucre, mel...) os salgadas (con queixo, rixóns, chourizo...). En Galicia están declarados de interés turísticos nove carnavais, entre eles en 2019 o de Xinzo de Limia, municipio da provincia ourensá. O ent...