Torre de Hércules
Seguro que algunha vez pasastes pola Coruña e vistes este monumento. A Torre de Hércules é un faro romano do século I dc. Trátase do faro máis antigo do mundo que se atopa en funcionamento e o cuarto en altura de España. Os faros máis altos do país son estes: Faro de Chipiona (Cádiz, 69 m) Faro de Morro Jable (Forteventura, 59 m) Faro de Maspalomas (As Palmas de Gran, 56 m) Torre de Hércules (A Coruña, 55 m) Faro de Punta Moscater (Ibiza, 52 m) Nos seus inicios, este faro tiña forma cilíndrica, mais no 1791 foi reconstruída con forma rectangular por orde do rei Carlos IV. Torre Hércules(A Couña) por luscofusco - CC BY-NC 2.0 A Torre de Hércules está recoñecida como Patrimonio Mundial da Humanidade e consigo trae detrás unha lenda heroica moi interesante: Conta a lenda que houbo un xigante chamado Xerión, rei de Brigantium, que obrigaba aos seus súbditos a repartirse con el a metade dos seus bens, incluídos os bens dos seus descendentes. Un día os habitantes do reino, enfadados e ...