Entradas

A moura de abril

Imagen
Boas! este mes publicarei a miña última entrada. Xa que estamos en plena primavera contareivos unha lenda relacionada con esta estación e a natureza. Historia : Conta a lenda que a moura de abril é unha protectora da natureza e que a súa presenza nos campos galegos é un símbolo da renovación e o renacemento que trae consigo a primavera. Dise que ela ten o poder de facer crecer as plantas e flores máis fermosas nos campos, e que o seu baile máxico atrae ós paxaros e a outros animais, que se unen á súa celebración. Ademais, dise que aqueles que teñen a sorte de atopar á moura de abril poden facerlle unha petición, xa que ela é coñecida por conceder desexos. Con todo, é importante ter en conta que non se debe pedirlle nada que vaia en contra da natureza ou que sexa egoísta, xa que isto podería anoxala e provocar a súa desaparición. En cambio, débese pedir algo que estea en harmonía coa natureza e que traia beneficios para todos. Moura por Wikipedia - dominio público En resumo, a lenda da ...

Torre de Hércules

Imagen
Seguro que algunha vez pasastes pola Coruña e vistes este monumento. A Torre de Hércules é un faro romano do século I dc. Trátase do faro máis antigo do mundo que se atopa en funcionamento e o cuarto en altura de España. Os faros máis altos do país son estes: Faro de Chipiona (Cádiz, 69 m) Faro de Morro Jable (Forteventura, 59 m) Faro de Maspalomas (As Palmas de Gran, 56 m) Torre de Hércules (A Coruña, 55 m) Faro de Punta Moscater (Ibiza, 52 m) Nos seus inicios, este faro tiña forma cilíndrica, mais no 1791 foi reconstruída con forma rectangular por orde do rei Carlos IV. Torre Hércules(A Couña) por luscofusco - CC BY-NC 2.0 A Torre de Hércules está recoñecida como Patrimonio Mundial da Humanidade e consigo trae detrás unha lenda heroica moi interesante: Conta a lenda que houbo un xigante chamado Xerión, rei de Brigantium, que obrigaba aos seus súbditos a repartirse con el a metade dos seus bens, incluídos os bens dos seus descendentes. Un día os habitantes do reino, enfadados e ...

O entroido

Imagen
Bo día letores! Estamos en febreiro, mes de moita troula no que festexamos o entroido . Esta festa celébrase en todo o país pero en Galicia dáselle unha maior importancia e na maioría de concellos galegos decláranse festivos estes días. Hoxe vouvos contar un pouco da tradición do entroido. Para comezar, a palabra entroido provén da palabra latina introitus , que fai referencia á entrada da primavera e o comezo da Coresma. Galicia é unha rexión popularmente coñecida pola súa rica, abundante e variada gastronomía e en calquera festa atópase calquera excusa para comer. É típico nestas datas preparar: Para comer: chourizo, lacón...(en síntese un bo cocido)  De postre: filloas e orellas son a sobremesas máis comúns. As filloas pódense comer tanto doces (recheas de marmelada, nocilla, azucre, mel...) os salgadas (con queixo, rixóns, chourizo...). En Galicia están declarados de interés turísticos nove carnavais, entre eles en 2019 o de Xinzo de Limia, municipio da provincia ourensá. O ent...

Os nubeiros

Imagen
Es desas persoas que fan bos plans para saír á rúa pero ao momento de marchar pola porta comeza a chover? Parece que os galegos estamos malditos por algún Deus da auga ou a non ver o sol ata chegar ao verán. Obviamente a meteoroloxía galega ten unha explicación científica que xustifica os constantes días de choiva pero hoxe falareivos da explicación máis máxica e mitolóxica. Na época onde os celtas habitaban a actual Galicia, a economía dependía principalmente da agricultura e da gandaría. Se estos sectores eran arrebatados polas abundantes precipitacións, como adoitaba ser, os habitantes non podían saír adiante. Por este mesmo motivo crearon uns seres fantásticos a quen atribuírlles a culpa do mal tempo aos que chamaron nubeiros. Estas criaturas son uns trasnos que dirixen e gobernan as nubes e as choivas como desexan.

O apalpador

Imagen
Que hai xentiña!  Este mes de nadal e de festas varias toca falar dunha lenda que de seguro coñecedes: a lenda do Apalpador. O Apalpador é un personaxe mitificado bastante común pola zona oriental de Galicia que percorre as casas os  días de noiteboa ou noitevella apalpando, como o seu nome indica, a barriga dos rapaces e rapazas para comprobar se fartaron a comer ou non durante o ano. Se é afirmativo, o apalpador déixalles o aguinaldo para desexarlles un bo ano. Normalmente, o apalpador adoitaba traer castañas como regalo. Podería dicirse que o Apalpador é a versión galega de Santa Claus mais estas son unhas claras diferencias entre eles:   O Apalpador : De Rosamf - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=46798089 É característico de Galicia. Represéntase como un carboneiro. Antes de agasallar aos rapaces apálpalles o ventre. Vai vestido con roupa vella. Ten o pelo e a barba rubia. De Jonathan Meath - Jonathan Meath, CC BY-SA 2.5,...

Magosto

Imagen
Ola de novo!, nesta ocasión vouvos falar sobre unha tradición galega como é o magosto. O magosto ademais de ser unha festa galega tamén se celebra en gran parte do norte peninsular.  Toma castaña-Flickr-CC BY-NC-SA 2.0 No magosto celebrábase antigamente o final do verán e o comezo da época fría do ano. Esta festa adóitase celebrar a comezos do mes de novembro e nela ásanse castañas e bébese viño. Os veciños ou a familia reúnense para asar as castañas nun tubo grande con buratos chamado tambor e fan unha fogueira.  En Galicia é moi popular esta celebración en Ourense , que coincide coa festa do San Martiño onde ademais das castañas, levan á cidade música e eventos diferentes. Aquí vos deixo un enlace do programa da feira deste ano: Festa de San Martiño Dato persoal : No zona onde eu vivo adoitaban celebrar un día de novembro á noite no campo da festa o magosto. Nun tambor grande asaban as castañas e repartían a todos os veciños que asistían un cucurucho coas castañas e un pou...

A Santa Compaña

Imagen
Como estamos no mes de outubro, mes de bruxas e morcegos, vouvos falar da lenda da Santa Compaña. De seguro que escoitastes falar algunha vez desta lenda popular.  Aínda que existan diversas variantes sobre ela, esta lenda é propia de Galicia. Lenda : A historia conta a peregrinación de ánimas que adoitan aparecer preto dos cemiterios. Estes espíritos van visitar a persoas que van morrer para reclamar a súa alma. Esta persoa entón está condenada a vagar polos camiños guiando a procesión dos mortos. Defenderse dela : Para evitar que te capturara a Santa Compaña ou retrasar a súa chegada existían distintos métodos: Debuxar un círculo no chan e meterse dentro. Subir enriba do pé dun cruceiro dos camiños. Levar os brazos cruzados De Lameiro - Wikipedia gl, Dominio público, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=8681436   Unha anécdota da primeira vez que escoitei falar desta historia é de cando estaba en 3º de primaria. A nosa profesora de galego contóunola polo samaín. ...