Magosto

Ola de novo!, nesta ocasión vouvos falar sobre unha tradición galega como é o magosto. O magosto ademais de ser unha festa galega tamén se celebra en gran parte do norte peninsular. 


Toma castaña-Flickr-CC BY-NC-SA 2.0
No magosto celebrábase antigamente o final do verán e o comezo da época fría do ano. Esta festa adóitase celebrar a comezos do mes de novembro e nela ásanse castañas e bébese viño. Os veciños ou a familia reúnense para asar as castañas nun tubo grande con buratos chamado tambor e fan unha fogueira. 



En Galicia é moi popular esta celebración en Ourense, que coincide coa festa do San Martiño onde ademais das castañas, levan á cidade música e eventos diferentes. Aquí vos deixo un enlace do programa da feira deste ano:


Dato persoal:
No zona onde eu vivo adoitaban celebrar un día de novembro á noite no campo da festa o magosto. Nun tambor grande asaban as castañas e repartían a todos os veciños que asistían un cucurucho coas castañas e un pouco de chocolate quente. 

Na miña opinión persoal as castañas asadas en época de frío son o mellor para acompañar unha tarde de outono acompañado da túa familia ou amigos pola zona vella. Ademais podes incluso quentar o corpo cunha cunca de chocolate quente. 


Tambor de asar castañas, Museo del Pueblo de Asturias
Wikimedia Commons-CC BY-SA 4.0
Castañeiro, praza da Ferreiría, Pontevedra
Wikimedia Commons-CC BY 2.0














Comentarios

  1. uff si, como cunden castañas y chocolate cuando hace frío, lo único malo es que el blog se llama mitos y leyendas gallegas y esto de mito o leyenda no tiene nada

    ResponderEliminar
  2. Hola, soy Gonzalo Domingo de 1ºBACH.A. Quiero dejar un comentario porque me ha parecido muy interesante esta entrada del blog sobre el Magosto. Bajo mi punto de vista, es una de las mejores celebraciones del año y, además, siempre trato de disfrutar con mi familia comiendo muchas castañas. También tendré en cuenta tu recomendación sobre la fiesta de San Martiño y posiblemente el año que viene decida acudir.

    ResponderEliminar
  3. Hola, soy Cristina Álvarez Senra de 1º bach A. Envió este comentario porque quiero agradecer que abran estos espacios donde se exponga un poco la cultura gallega y sus tradiciones, fiestas como esta de el magosto para que gente fuera y dentro de Galicia pueda disfrutar de la cultura gallega.

    ResponderEliminar
  4. O magosto é unha das festas máis antigas de Galicia e unha das máis propias. Antigamente celebrábase en toda Galicia, aínda que agora só se celebre en Ourense segue sendo unha festa cun gran interese cultural que debemos de coidar. Paréceme moi acertado o detalle de poñer o programa das festas.
    Por Telmo Souto Sieiro, 1ºA BACH

    ResponderEliminar

Publicar un comentario