O apalpador
Que hai xentiña! Este mes de nadal e de festas varias toca falar dunha lenda que de seguro coñecedes: a lenda do Apalpador. O Apalpador é un personaxe mitificado bastante común pola zona oriental de Galicia que percorre as casas os días de noiteboa ou noitevella apalpando, como o seu nome indica, a barriga dos rapaces e rapazas para comprobar se fartaron a comer ou non durante o ano. Se é afirmativo, o apalpador déixalles o aguinaldo para desexarlles un bo ano. Normalmente, o apalpador adoitaba traer castañas como regalo. Podería dicirse que o Apalpador é a versión galega de Santa Claus mais estas son unhas claras diferencias entre eles: O Apalpador : De Rosamf - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=46798089 É característico de Galicia. Represéntase como un carboneiro. Antes de agasallar aos rapaces apálpalles o ventre. Vai vestido con roupa vella. Ten o pelo e a barba rubia. De Jonathan Meath - Jonathan Meath, CC BY-SA 2.5,...