Os nubeiros
Es desas persoas que fan bos plans para saír á rúa pero ao momento de marchar pola porta comeza a chover? Parece que os galegos estamos malditos por algún Deus da auga ou a non ver o sol ata chegar ao verán. Obviamente a meteoroloxía galega ten unha explicación científica que xustifica os constantes días de choiva pero hoxe falareivos da explicación máis máxica e mitolóxica.
Na época onde os celtas habitaban a actual Galicia, a economía dependía principalmente da agricultura e da gandaría. Se estos sectores eran arrebatados polas abundantes precipitacións, como adoitaba ser, os habitantes non podían saír adiante. Por este mesmo motivo crearon uns seres fantásticos a quen atribuírlles a culpa do mal tempo aos que chamaron nubeiros. Estas criaturas son uns trasnos que dirixen e gobernan as nubes e as choivas como desexan.
Onde residen e como son?
Crese que vagan polos densos bosques ou nas altas montañas dos montes galegos. O seu aspecto presenta as seguintes características:
estatura mediaInterpretación dun Nubeiro por Wikimedia Commons - CC BY-SA 4.0, - non moi pequechos
- corpulentos
- pel escura e áspera
- barba sucia e tupida
- ollos relucentes
- orellas e boca enormes
- rabo longo
- corpo peludo
Tanguen os cregos a campá,
Pra escorrentar ó Nubeiro,
Ben eles sudan… pra encher,
Pra todo o ano, o granceiro
Tocan los monjes la campana
para que huya el Nubeiro.
Bien ellos sudan para llenar
para todo el año, el granero
Co tempo, a lenda dos nubeiros asociouse coa festividade de Santa Bríxida, que relaciona o inverno coa primavera, é dicir, celébrase que xa estamos na metade do inverno. Esta festa conmemórase na noite do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro e celébrase en León. Fai clic aquí se vos interesa coñecer un pouco máis esta festa.
Como conlusión, esta lenda paréceme moi boa e recurrente para explicar as precipitación de Galicia na antigüedade cando non había as técnicas actuais. Se me dixeran que existen os nubeiros, non dubidaría en crelo, sobre todo cando leva un mes chovendo sen descanso e parece que non quere rematar.
Entrada muy completa y muy bien organizada.
ResponderEliminarGracias, tu comentario me ayuda a continuar subiendo contenido parecido a este.
EliminarUn blog moi visual e moi ben estructurado, sigue así
ResponderEliminarLa entrada está muy bien organizada, estructurada y con mucha información interesante. Me gustó la adición de la cantiga
ResponderEliminarUn blog moi visual e moi ben estructurado, con moi boa información e moi interesante. Sigue así <3
ResponderEliminarNo conocía a los nubeiros, muchas gracias por hacer que sepa más cosas de donde vivo.
ResponderEliminar