O entroido

Bo día letores!

Estamos en febreiro, mes de moita troula no que festexamos o entroido. Esta festa celébrase en todo o país pero en Galicia dáselle unha maior importancia e na maioría de concellos galegos decláranse festivos estes días. Hoxe vouvos contar un pouco da tradición do entroido.

Para comezar, a palabra entroido provén da palabra latina introitus, que fai referencia á entrada da primavera e o comezo da Coresma.

Galicia é unha rexión popularmente coñecida pola súa rica, abundante e variada gastronomía e en calquera festa atópase calquera excusa para comer. É típico nestas datas preparar:

  • Para comer: chourizo, lacón...(en síntese un bo cocido) 
  • De postre: filloas e orellas son a sobremesas máis comúns. As filloas pódense comer tanto doces (recheas de marmelada, nocilla, azucre, mel...) os salgadas (con queixo, rixóns, chourizo...).
En Galicia están declarados de interés turísticos nove carnavais, entre eles en 2019 o de Xinzo de Limia, municipio da provincia ourensá. O entroido de Xinzo de Limia dura 5 semanas e ten comezo o sábado anterior ao domingo de entroido co PETARDAZO. Nel a xente reúnese para dar pé ao entroido máis longo de España. No mesmo domingo ten lugar a primeira batalla co farelo na Praza Maior.

 A procesión do Meco ten lugar o sábado seguinte desde o Barrio de Abaixo, cando o sol se pon sobre o Rúa dos Viños, o boneco de palla e os carros cos bois, cascabeis, máscaras, curas, flautistas e ferramentas, seguidos por unha gran procesión de campesiños que van ata a Praza Maior, onde ten lugar o "Colgamento do Meco".

Indumentaria

O traxe típico do entroido de Xinzo son as pantallas. As Pantallas visten camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra, pañoleta (case sempre vermella), polainas negras e zapatos negros. Unha faixa tamén vermella leva na cintura, xunto coas campanillas, así a cadeira sofre menos o rozamento das campanillas.


Pantalla do carnaval de Xinzo de Limia por Wikimedia Commons - CC BY-SA 4.0


Finalización do entroido

Cando estes días de festa de entroido chegan á súa fin, celébrase o denominado enterro da sardiña, un festival fúnebre no que se chora a "morte" da sardiña e péchase así o entroido ata o ano seguinte.
  • Vídeo do enterro da sardiña.

Enterro da sardiña de Noia 2010 por Flickr - CC BY 2.0


Opinión:

Desde pequeno gustábame moito disfrazarme no entroido. No colexio facíamos o tradicional meco no que cada día durante a semana de entroido tiñamos que levar posto o que o meco dixera e parecíame divertido. Agora aínda disfruto vendo os desfiles polas rúas, mesmo este ano me sacou unha muller a bailar do desfile e paseino moi ben. Ademais onde haxa unha boa festa, comida, bebida e amigos nunca se vai pasar mal. 

Comentarios

  1. Moi bo blog, ben estructurado e con bo aspecto. Foi unha lectura moi interesante.

    ResponderEliminar
  2. Esta entrada está muy bien estructurada y la información me parece muy interesante.
    Me gusta mucho la inclusión del vídeo.

    ResponderEliminar
  3. Me parece que esta entrada tiene un tema genial, una de mis fiestas favoritas. La mejor parte de todas es el entierro de la sardina.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario