Torre de Hércules

Seguro que algunha vez pasastes pola Coruña e vistes este monumento. A Torre de Hércules é un faro romano do século I dc. Trátase do faro máis antigo do mundo que se atopa en funcionamento e o cuarto en altura de España. Os faros máis altos do país son estes:

  1. Faro de Chipiona (Cádiz, 69 m)
  2. Faro de Morro Jable (Forteventura, 59 m)
  3. Faro de Maspalomas (As Palmas de Gran, 56 m)
  4. Torre de Hércules (A Coruña, 55 m)
  5. Faro de Punta Moscater (Ibiza, 52 m)
Nos seus inicios, este faro tiña forma cilíndrica, mais no 1791 foi reconstruída con forma rectangular por orde do rei Carlos IV.

Torre Hércules(A Couña) por luscofusco - CC BY-NC 2.0

A Torre de Hércules está recoñecida como Patrimonio Mundial da Humanidade e consigo trae detrás unha lenda heroica moi interesante:

Conta a lenda que houbo un xigante chamado Xerión, rei de Brigantium, que obrigaba aos seus súbditos a repartirse con el a metade dos seus bens, incluídos os bens dos seus descendentes. Un día os habitantes do reino, enfadados e con ganas de vinganza, decidiron contar coa axuda de Hércules, quen desafiou a Xerión a unha gran batalla.
Hércules derrotou a Xerión, enterrouno e erixiu un sepulcro, onde levou un gran facho. Fundou unha cidade xunto a esta sepultura. Logo, a primeira poboadora, chamada Krunia, chegaría a estas costas, coa que Hércules nomearía a cidade como A Coruña. 

Ao seu redor, hai esculturas e outros detalles relacionados coa torre: A Rosa dos Ventos que se levanta ao pé do faro fronte ao mar embravecido, as tres cabezas do xigante Xerión, o Ara Solis (culto solar pagán) Hércules na Nave dos Argonautas e Breogán.

- Algúns dos monumentos anteriores:
Ara Solis-Parque da Torre por Zarateman - CC0 1.0


Rosa dos ventos por Juan Ledo - CC BY-SA 2.0


- Podedes ver a explicación desta lenda tamén no seguinte vídeo.

- Datos persoais:

Contáronme esta lenda cando era pequeno na escola pero daquela nin me soaba o que era a Torre da Hércules da Coruña. Pasara moitas veces pola cidade pero nunca me parara a ver o faro. En 2019 fun vela por vez primeira cunha amiga e entendín a razón de que este faro fose o símbolo da cidade. O que o fixo realmente máxico foi visitar esta paisaxe co solpor de fondo, o marco visual era trascendental e parecía como es erealmente estiveramos no século I. Gustaríame volver e recoméndoa moito.

Comentarios

  1. Muy buena entrada, yo ya fui y me encantó, después de saber la historia aún me gusta más

    ResponderEliminar
  2. Me perece que esta muy bien estructurada la entrada y a cualquiera que no haya ido le puede ser muy útil.

    ResponderEliminar
  3. Moi boa entrada, moi conciso e moi boa a escolla do vídeo

    ResponderEliminar
  4. ¡Una entrada muy interesante! Es muy bonita y está muy bien estructurada. La leyenda siempre me ha parecido muy interesante y la anécdota muy bonita.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario